Esta semana celebramos o Magosto no CEIP San Martiño. A rapazada desfrutou das castañas asadas xunto coa merenda aportada polo ANPA, boliños preñados, bica e biscoito . Temos que dar as grazas ó @ceipsanmartinho por… Más
Campaña familias socias 2024/2025
Anpa informa 🔊🔊🔊🔊🔊
Xa está aberto o prazo de inscrición para as familias que queiran ser socias da Anpa.
– As familias que xa foron socias nos anteriores cursos e non existan cambios non fara falta que entreguen a ficha de inscrición. Será suficiente con facer a transferencia bancaria indicando en concepto «Cota ANPA + Nome dos nenos/as».
– As novas familias ou aquelas con novo alumnado ou cambios nos datos persoais, deberán enviar cuberto o formulario que se acompaña, ademáis de facer a transferencia bancaria indicando o concepto «Cota ANPA + Nome dos nenos/as»
– O importe é de 30€ en caso dun só neno/a ou 40€ en caso de dous ou máis nenos/as.
– A conta é ES32 2080 5140 96 3040005590 – ABANCA.
– Email da Anpa: anpadosanmartinho@gmail.com

Horta escolar en marcha
Estamos a construír a nosa horta escolar! 🌿
No noso colexio comezamos unha aventura verde chea de aprendizaxes e ilusión. A horta escolar está en marcha, paso a paso, sementando futuro! 🛠️👧
Con esta nova iniciativa queremos:
🍅 Aprender xuntos sobre a natureza, a alimentación e o coidado do medio.
🌍 Fomentar hábitos saudables e o respecto polo entorno.
🤝 Promover o traballo en equipo, a responsabilidade e a creatividade.
💡 Crear un espazo vivo onde crecer, experimentar e soñar.
Moi pronto o noso colexio terá un recuncho cheo de vida… e verdor! Estade atentos/as, que o mellor aínda está por vir! ✨ #ceipsanmartinho
#HortaEscolar #ConstruíndoFuturo #EducaciónSustentable #medramosxuntos #Ence



Festa fin de curso
Remata o curso e como é costume celebraremos unha festa por todo o alto o próximo venres 20 de xuño no patio do noso cole!!!!
Vinde a pasalo pipa!!!

Excursión Cíes
O próximo sábado 24 de maio de 2025 imonos de excursión 🥾 🥾 🥾.
Este ano visitaremos as Illas Cíes, disfrutaremos da viaxe en barco ⛵⛵⛵ , unha pequena ruta, comeremos todos xuntos (comida 🥝 🥝🥪🥪🍮🍮🍮a cargo de cada familia), e animación e xogos 🎉🎉🎉🎉.
A saída é dende o porto de Cangas ás 10:30, pero debemos estar ás 10:10 para reparto de billetes. O barco de volta saíra ás 19:30 e chegara de novo a Cangas. O transporte de ida e volta a Cangas corre a cargo de cada familia 🚗🚗🚗🚗.
O número de prazas é limitado así que non o deixedes para o último día. O prazo para inscribirse comeza hoxe ata esgotamento das prazas, con data límite o 08/05/2025, xa que a empresa organizadora precisa antelación para garantizar os permisos de visita ao parque natural 🏝️🏝️🏝️.
A Anpa conseguiu financiación da DEPO, por iso ofertamos prezos moi asequibles: para as familias socias 4€/persoa e para as familias non socias 12’5€/persoa 💶💶💶💶.
Para a inscripción deberá cubrirse íntegramente o seguinte Google forms:
https://forms.gle/brY7dY18iF7F7a5w5
E enviar transferencia bancaria polo importe total correspondente á familia:
A conta da Anpa é ES3220805140963040005590

Proxecto Horta escolar
🔊🔊A Anpa Informa:
Fai uns meses presentamos o proxecto «Sembrando futuro» para montar unha horta escolar no noso cole á convocatoria do Plan Social de Ence. Informamos que obtivemos un importe subvencionado de 5000 euros.
En colaboración co cole, estamos traballando para comezar as obras o antes posible asi como as formacións para que se poida obter o maior proveito posible!!!
👨🌾👨🌾👩🌾👩🌾
Ence Pontevedra
286 proyectos se repartirán los 3 millones de euros del Plan Social de Ence en Pontevedra Ence Pontevedra CEIP San Martiño
https://www.pontevedraviva.com/es/general/286-proyectos-3-millones-euros-plan-social-ence-pontevedra_503748_102.html
Un dos 286 proxectos beneficiarios do Plan social de ENCE 2024 é o presentado pola nosa ANPA, das casi 500 propostas presentadas! A finalidade deste proxecto é contar no noso centro cunha horta escolar para todo o alumnado

Concurso 8M
Anpa informa 🔊 🔊🔊
Prezadas familias!
Con motivo do día da Muller ♀️, traemos un concurso para todo o alumnado do CEIP San Martiño.
Esperamos guste as familias e vos animedes a participar!!!



Festa entroido
Anpa informa 🔊🔊🔊
Bos días familias, ⛅⛅⛅
En nada chega o entroido e a nosa habitual Festa na casa verde.
Vinde tod@s o próximo venres 28 de febreiro ás 17:00h. Teremos animación musical 🎶🎶🎶🎶 e Obradoiros toda a tarde. Tamén vos animamos a participar no desfile xa que sortearemos agasallos 🎁🎁🎁🎁. E por suposto as ricas merendas 🥧🥧🥧🍿🍿🍿☕☕☕☕ do alumnado de 6º de primaria do cole de Cabanas e San Martiño que queren marchar de excursión.
Contamos con vós!!!!!
🎉🎉🎉🎉🎉🎉🎉🎉

Descontos Anpa curso 2024/2025
Presentando o teu carné de familia socia da ANPA San Martiño do curso 2024-2025 nestes establecementos, poderás acceder aos seguintes DESCONTOS:
- GENERAL Óptica
- https://www.paxinasgalegas.es/general-optica-48531em.html
- 50% na gafa completa
- PELUQUERÍA NIEVES BLANCO CONDE
- https://www.paxinasgalegas.es/nieves-blanco-conde-685741em.html
- 20% de desconto en corte de pelo de nenos/as socias da Anpa.
- LIBRERÍA PAPELERÍA CLIP.
- https://www.paxinasgalegas.es/clip-pontevedra-212457em.html
- 10% dto. en material escolar e 5% dto. en libros e material informático
- CRECIENDO JUNTOS ELVI.
- https://www.paxinasgalegas.es/creciendo-juntos-elvi-283128em.html
- 10% en ropa e zapatillas de casa no primeiro par, segundo par 15% (no acumulable en rebaixas, só válido en tempada escolar)
- FLIPOPARK.
- https://www.paxinasgalegas.es/flipo-park-283571em.html
- 5% en menús nas celebración de aniversarios.
- ERI EVENTS PLANNER
- PICKING PACK.
- https://www.paxinasgalegas.es/picking-pack-47177em.html
- 10% en material escolar salvo fotocopias e non acumulable a outras ofertas.
- LIBRERÍA NOBEL PONTEVEDRA.
- https://www.paxinasgalegas.es/espazo-lector-nobel-349166em.html
- 5 % en libros (excepto libros de texto) e 10% en papelería e xogos.
- MADY NOVIAS
- https://www.paxinasgalegas.es/madynovias-478925em.html
- 10% en ropa comunión
- LIBRERÍA NARANJO
- https://www.paxinasgalegas.es/naranjo-251304em.html
- 5% en libros (excepto libros de texto) e 10% en material escolar
- PELOUROS PUERICULTURA
- https://www.paxinasgalegas.es/pelouros-627669em.html
- 10% para calquera produto da tenda.
- A BALEA DAS CORES – PONTEVEDRA
- https://www.paxinasgalegas.es/a-balea-das-cores-623425em.html
- 5% desconto en calquera compra
- CARLIN PONTEVEDRA
- https://www.paxinasgalegas.es/carlin-279658em.html
- 5% desconto en calquera compra
CONSULTADE NOS ESTABLECEMENTOS OS DESCONTOS OU POSIBLES MODIFICACIÓNS DA COLABORACIÓN ANTES DA COMPRA.
E como todos estamos xuntos nisto, se conseguides algunha colaboración en descontos para as nosas familias nalgún outro establecemento contactade coa ANPA para actualizar a listaxe de colaboradores!!!!
Asamblea comezo curso 2024-2025
O próximo xoves 12 de setembro ás 20:00h no comedor do CEIP San Martiño.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.
2. Estado de contas. Aprobación, se procede.
3. Mantemento cuotas de socios/as. Aprobación, se procede.
4. Propostas para o curso 2024/2025. Aprobación, se procede.
5. Actualización información e novas.
6. Preguntas e suxestións.

Charlas: Tardes dos xoves en familia.
Temos novas moi interesantes….
Dende a ANPA, da man do cole, estamos a organizar TARDES DE XOVES EN FAMILA!!
Obradoiros abertos a familias e profesorado nos que, persoal técnico especializado do Concello, dará claves para facer mais doada esta ardua laboura da crianza 😅😅. É preciso inscribirse no enlace que adxuntamos xa que e hai un número mínimo de persoas particiopantes por charla para que se fagan. Antes da cada charla confirmaremos asistentxs.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSctQqPc9BlnEqjIIigW89_x75ksUgquvJ5CKMTx196bjX16fQ/viewform?usp=sf_link





