Actividades extraescolares curso 2021/2022

Recordamos que para poder participar nas actividades extraescolares é imprescindible ser SOCIO da ANPA San
Martiño no curso 2021/2022,
xa que de non ser así non estará cuberto polo seguro escolar.

As actividades de Taekwondo e Iniciación deportiva impartiranse no CEIP San Martiño se reunimos un grupo de
alomenos 10 nen@s. En caso contrario, ofertaranse no CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro e nos campos de
fútbol da Xunqueira respectivamente.

Nos últimos anos a ANPA Bolboreta do CEIP Cabanas ven ofrecendo aos socios da nosa ANPA San Martiño, a
oportunidade de participar das súas actividades extraescolares. Tan pronto nos faciliten esta información, será
remitida ás familias.

Envía canto antes a túa ficha de inscrición da actividade/s que solicitas ao email anpadosanmartinho@gmail.com

Faite socio da Anpa do San Martiño!

Benvida ao Curso escolar 2021-2022

Dende a dirección desta Anpa damos a benvida a todas as familias do Ceip San Martiño, especialmente a aquelas que se incorporan novas á nosa comunidade educativa neste curso escolar.

Para poder levar a cabo os obxectivos desta asociación de nais e pais de alumnos do Ceip San Martiño, necesitamos que te unas a nós. Para calqueira consulta ou aportación, podes poñerte en contacto coa ANPA do CEIP San Martiño picando aquí ou enviando un email a: anpadosanmartinho@gmail.com

Para darte de alta como socio, tes que:

  1. Formulario Alta Socio 2021-2022. Descarga AQUÍ o formulario de inscrición e envíao debidamente cumplimentado por correo electrónico á dirección da Anpa anpadosanmartinho@gmail.com 
  2. Pagar a cota anual, por transferencia bancaria á conta da ANPA: ES32 2080 5140 9630 4000 5590. (Indicar no concepto: “Cota ANPA + Nome e apelidos do neno/nenos”).

Importe a ingresar: 

  • 20 € (un só fillo no colexio)
  • 30 € (dous o máis fillos no colexio)