Festa de Fin de Curso no cole

Fiesta(1)

Convidámosvos a participar na festa de remate do curso escolar, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño, nas instalacións do colexio a partires das 17.00 horas. Haberá inchables e animación, e como non, canon de espuma!

Coma sempre, estará ben que todos levemos algo de merenda para compartir cos demais.

A festa será de balde para as familias socias da ANPA, pero terá cun custo de 5€ por familia para as non socias.

Esperámosvos!

Excursión de Fin de Curso

tower-of-hercules-983253_1280
Xa estamos preto do remate do curso, e como todos os anos, estamos a organizar unha excursión para todos os alumnos e alumnas que queiran apuntarse xunto co seus pais. A excursión está programada para o vindeiro sábado 18 de xuño, e imos pasar o día en A Coruña, onde visitaremos o Domus (A casa do home) e o Aquarium Finisterrae, e a Torre de Hércules.

Custo:

  • fillas e fillos dos socios da Anpa: de balde.
  • adultos socios da Anpa: 13 € por persoa.
  • fillos e fillas de non socios da Anpa: 11 €.
  • adultos non socios da Anpa: 15 €

O prezo inclúe: viaxe en autobús de ida e volta a A Coruña, e entradas nos dos museos que se van visitar. Cada familia deberá levar a súa comida, que faremos nalgún lugar ao aire libre se o tempo o permite.
Todos os menores deberán ir acompañados por un adulto responsable.
Para anotarse, podedes poñervos en contacto con calquera dos integrantes da Xunta Directiva da ANPA, ou chamando por teléfono a DANIEL (615116096) ou MARÍA (619925555).

Contamos con 110 prazas, que se irán asignando por rigoroso orde  de pago. Pregamos a todos os interesados en acudir que se anoten antes do vindeiro 14 de xuño, para unha mellor organización dos autobuses.

INFORMACIÓN EXCURSIÓN FIN DE CURSO

A saída está prevista para as 9:00, así que por favor, procurade estar no cole ás 8.45 para poder organizarnos e saír a tempo. A visita ao Domus comenza ás 11:30 e despois iremos comer de picnic ao monte de San Pedro. Pola tarde, comezaremos a visita ao Acuario ás 16:30. A duración de cada unha das visitas é de 2h aprox. A hora estimada de regreso ao cole é ás 21:00.
Por favor lembrade que tedes que levar a vosa comida e bebida, aínda que no Monte de San Pedro hai cafetería aberta por se necesitades mercar algunha cousa. Non esquezades levar gorros e crema solar ou roupa de chuvia se é preciso, e algunha manta para sentarse no chan á hora do xantar.