Festa de Nadal 2015

O próximo venres 18 de Decembro celebraremos a festa de Nadal conxunta das ANPAS dos coles de San Martiño e Cabanas. Imos ter moitísimas sorpresas para pasar unha tarde estupenda.  Haberá inchables, xogos tradicionais, actividades plásticas, música e moita diversión. Coma sempre, traede algo de picar para merendar todos xuntos… E non vos esquezades de traer a carta para entregarlla a Papá Noel en persoa!

Captura de pantalla 2015-12-13 a la(s) 12.07.57A festa será no pavillón de Cabanas, de 17:00 a 20:00, e a entrada é gratuíta para socios da Anpa, pero está aberta para todos os nenos dos dous coles, con entradas de 1€ para nenos non socios e 2€ para adultos non socios. Vémonos alí!