Convocatoria de folga de alumnos de CONFAPA-Galicia e CEAPA

A FANPA acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga
realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA para o vindeiro mércores 26 de Outubro. Tamén haberá unha manifestación ese mesmo día que sairá ás 18:00 da praza da Peregrina.

Aqui vos deixamos a Declaración acordada e publicada o día 10 de Outubro
pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia
, e presentada
na Rolda de Prensa celebrada ese mesmo día, en Santiago de Compostela.

Xa temos o Magosto !!!!

IMPORTANTE: CAMBIO DE DATA. Por mor da previsión meteorolóxica, cambiase a data do Magosto para o vindeiro 5 de Novembro.

Un ano máis, celebraremos o Magosto con todos os pais, nais e alumnos que vos acerquedes o colexio. Asaremos castañas, compartiremos xogos cos máis pequenos e intentaremos divertirnos e disfrutar todos xuntos.  NON FALTEDES!!!

Nova canle de Telegram da Anpa

telegram

Estes días estamos poñendo en marcha unha nova canle destinada a mandar notificacións da ANPA en Telegram.

Telegram, é unha aplicación (app) de balde de mensaxería instantánea (tipo WhatsApp) que nos permite ter unha vía de comunicación que aínda que parecida a un grupo do WhatsApp, ten unha importante diferencia: é un grupo só de lectura, no que poderedes ler todo o que escribamos dende a ANPA, pero sen que os receptores poidan contestar ás mensaxes.

Para poder ver esta información o que tedes que facer é:

1. Descargar Telegram, se aínda non o tedes. Podédelo descargar para iPhone, Android, iPad, WP e tamén  para o ordenador. Podedes ver toda a información de cómo facelo na súa web.

Tamén se pode utilizar directamente dende cualquier navegador de internet (sin necesidade de descargar ninguna aplicación) entrando na dirección web.telegram.org

2. Una vez instalado, tedes que buscar na aplicación de Telegram o alias @anpasanMartinho, na sección de “Chats”. A ligazón da nosa canle é: https://telegram.me/anpasanMartinho

3. Despois, tedes que darlle a “Unirse” e xa poderedes lernos cada vez que se publique algo. Ademais, Telegram deixa ver o historial da conversa, polo que poderedes ver todo que se falou con anterioridade.

Aclarar, para todos os preocupados pola súa privacidade, que os usuarios da canle non terán acceso a ningún dos datos das demais persoas conectadas; esa información só está dispoñible para os administradores do grupo, que está xestionado pola directiva da ANPA.

Esperámosvos no canle de Telegram!

NOTA:

A canle de Telegram é un modo máis de estar en contacto con vós, como poden ser a páxina de Facebook ou o correo electrónico, pero non substituirá ao blog, que é noso medio primario de comunicación cos nosos socios.