Actividades extraescolares 2022-2023

INFORMACIÓN SOBRE INSCRICIÓN ANPA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Prezadas familias, 

Dámosvos a benvida a este novo curso 2022-2023 e presentamos a continuación a programación das actividades extraescolares que darán comezo a partir do mes de outubro. 

Para poder participar nas actividades extraescolares:

  1. É imprescindible ser SOCI@ da ANPA San Martiño no curso 2022-2023, xa que de non ser así non estará cuberto polo seguro escolar. Remítese Formulario de inscrición Alta Soci@ que deberá entregar cuberta. Cota provisional pendente de aprobación o luns 12 na Asamblea Xeral. 
  1. Deberase entregar cuberta a Ficha de Inscrición na/s actividades extraescolares (adxunta). O día límite de entrega será o 24 de setembro, incluído.

Opcións de entrega destes documentos:

  • Enviarse polos alumnos/as de volta aos titores para que nos sexan entregadas, ou
  • Envialas por email ao correo da ANPA: anpadosanmartinho@gmail.com
  1. Presentarase unha ficha de inscrición por cada alumno/a participante. 
  2. Pago das actividades. Realizarase o primeiro pago das actividades a última semana de setembro por ingreso ou por transferencia na conta da ANPA: ABANCA ES32 2080 5140 96 3040005590. Os seguintes pagos mensuais, trimestrais ou cuatrimestrais (segundo corresponda) das actividades faranse por adiantado unha semana antes do comezo do mes/trimestre/cuatrimestre correspondente. No concepto indicarase: “ACTIVIDADE + NOME E APELIDOS DO NENO + MES/TRIMESTRE” (Exemplo: Inglés Carlos Pérez Rodríguez 1erTrimestre)
  3. Se hai máis demanda que prazas dispoñibles, as prazas adxudicaránse a medida que se vaian pagando as cotas correspondentes.
  4. Todas as actividades darán comezo no mes de OUTUBRO 2022.

A maiores…

Nos últimos anos a Anpa Bolboreta do Ceip Cabanas ven ofrecendo aos socios da nosa Anpa San Martiño, a oportunidade de participar das súas actividades extraescolares. Tan pronto nos faciliten esta información, será remitida ás familias.

O Ximnasio BUDO oferta prezos especiais para os soci@s da ANPA e a xestión das prazas farase individualmente e de maneira directa con eles. Tarifa especial para soci@s da ANPA (solicitarse carné ou recibo de pago): 

– 1 día a la semana 25€/mes (tarifa sen aplicar desconto ANPA 28€), 

– 2 días a la semana 46€/mes (tarifa sen aplicar desconto ANPA 52€).

 Os regulamentos das actividades extraescolares están á disposición de todos neste mesmo blog.

Ademais adxuntamos a folla de inscrición das actividades ofertadas neste novo curso e a folla de inscrición de socio (obrigatorio para poder realizar as actividades).

FOLLAS de inscrición en word editables de actividades extraescolares e alta socios, para descargar e completar.

FOLLAS de inscrición en PDF de actividades extraescolares e alta socios.