A Anpa CEIP San Martiño

logo-anpa

¿Que é a ANPA San Martiño?

É a Asociación sen ánimo de lucro de Nais e Pais de Alumnos do CEIP San Martiño, cuxos obxectivos, a día de hoxe, son:

  • Fomentar a participación dos pais e nais na vida do centro.
  • Velar por que no noso centro se cumpran as condicións para unha educación de calidade.
  • Ofrecer unha selección de actividades extraescolares que axuden ao desenvolvemento dos nosos fillos.

¿Para que sirve a asociación?

Para seguir e propoñer melloras sobre os servizos do colexio e asociados (comedor, actividades extraescolares, instalacións do centro, etc…) pelexar por unha educación de calidade no noso centro e canalizar e debater as inquedanzas dos país/nais ou titores dos alumnos do colexio.

¿Quen forma a ANPA?

Calquera nai ou pai do colexio pode ser socio da ANPA, só con pagar a cota de inscrición anual. A asociación estrutúrase nunha Xunta Directiva que se encarga do día a día (as súas funcións verémolas máis abaixo). Calquera socio da ANPA pode formar parte de esta Xunta Directiva, que se renova anualmente. Incluso sen pertencer a esta xunta directiva, todos os pais ou nais están sempre invitados a colaborar en actividades puntuais.

¿Que vantaxes teño se me asocio?

Ademais de poder asistir ás actividades extraescolares planificadas, os socios teñen asistencia gratuíta, ou no seu caso, descontos, para as festas e talleres organizados pola asociación (festa de Entroido, Magosto, Fin de curso …). Tamén terán preferencia e descontos á hora de solicitar praza nas ludotecas municipais. Ao ser socio se recibirá frecuentemente información actualizada sobre o colexio e maior posibilidade de participar na vida do mesmo. Tamén, presentando o Carné de Socio, poden beneficiarse de descontos nas compras en establecementos colaboradores.

Tamén temos contratada unha póliza de Responsabilidade Civil que garante os accidentes que poidan sobrevir aos alumnos do centro socios da ANPA, tales como xogo, ximnasia, horas extraordinarias, exames, ou calquera acto propio da actividade escolar dentro das horas de clase; traxecto de ida e volta ao colexio; actividades extraescolares dentro e fora do recinto escolar sempre que se realicen baixo a tutela do profesorado; e excursións dentro do territorio nacional de duración inferior a dez días.

¿Como me poño en contacto con vós?

Podedes poñervos en contacto a través da dirección do centro, do correo electrónico anpadosanmartinho@gmail.com, ou vía telefónica con algún membro da ANPA.

Dende o noso blog, http://www.anpasanmartinho.wordpress.com poderás opinar, preguntar ou aportar todo aquelo que desexes. Tamén podes seguirnos por Facebook: https://www.facebook.com/anpaceipsanmartinho

Estatutos:

Podes descargarte aqui os nosos Estatutos.

Regulamentos e outros documentos:

      

      

Deja un comentario