Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria: 8 de xuño de 2016.

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

A Xunta Directiva da ANPA San Martiño Salcedo, na xuntanza celebrada o 23 de maio de 2016, adoptou o acordo de convocar Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro mércores 8 de xuño ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no domicilio da asociación, sito no colexio San Martiño de Salcedo (Pontevedra), e de conformidade co seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación acta xunta anterior.

2.- Aprobación, previa deliberación, do Regulamento de funcionamento das actividades extraescolares segundo proposta que se enviará por correo electrónico aos socios xunto coa presente convocatoria; e que se atopan publicados no Taboleiro de Anuncios da ANPA do Centro

3.- Renovación da Xunta Directiva.

4.- Rolda de intervencións.

Notas:

1.- Co fin de facilitar a asistencia de todos os interesados, haberá servizo de ludoteca para que poidades traer con vós aos vosos fillos e fillas.

2.- Dado que por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza non se procedeu aínda á inscrición da modificación dos estatutos aprobada en Asemblea Xeral Extraordinaria de 31 de marzo de 2016, a elección da Xunta Directiva farase de conformidade cos anteriores Estatutos, vixentes ata que non se proceda ao citado trámite.

En Salcedo, 23 de maio de 2016.

Asdo. Daniel Cordero Placer, Presidente