Magosto 2015

Este sábado 24 de Outubro celebraremos o Magosto no patio do cole, a partir das 16:30.
Asaremos castañas, haberá xogos tradicionais e merendaremos  xuntos coas cousiñas que levemos entre todos. Non faltedes!

cartelmagosto-01

ANPA 2.0: Taller Práctico de Primeiros Auxilios

O proxecto ANPA 2.0 comeza a súa andadura e o vindeiro mércores 14 de Outubro ás 18:30 da tarde tedes unha cita no salón de actos do cole para asistir ao taller de primeiros auxilios para nenos e pais impartido por unha das nosas socias, María Pereiro.

Os nenos menores de 8 anos poden traer un moneco brandiño (oso de peluche, boneca, etc…) de tamaño mediano-grande para facer as prácticas.

Vémonos alí!

Cartel PrimerosAuxilios-01-01