Candidatos da ANPA ao consello escolar

O vindeiro martes 29 celebraránse as eleccións de membros do consello escolar, e como este ano temos 5 socios da ANPA que se presentan como candidatos, deixámosvos os seus nomes* e un pouco de información para que saibades quen son, se é que non os coñecedes xa.

  • Pablo Ramos Tetilla (pai de alumna de 5º de primaria)
  • Joaquín Fabeiro Beiro (pai de Xaquín (5º primaria) e Iago (2º primaria)
  • Marta Rodriguez Dosouto (nai de Adriana (3º primaria) e Mateo (5º infantil)
  • Ánxela Pascual García (nai de Mateo, 6º infantil)

Na papeleta, o elector deberá facer constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados.

As horas de votación son de 9:30 a 10:30, de 14:00 a 15:00 e de 16:30 a 18:00. É necesaria a presentación de un documento de identificación (DNI ou similar) e teñen dereito a voto os pais e nais ou titores legais.

Dende a ANPA animamos a todos os socios á participación no proceso electoral.

*Estos son só os nomes dos candidatos que autorizaron a publicar os seus datos.

 

Andaina polas Salinas de Ulló en Vilaboa

salinas ulló

O vindeiro sábado 12 de novembro temos programada unha andaina polas Salinas de Ulló en Vilaboa.

Xuntarémonos ás 9:30 no colexio, e dende alí partiremos cada un co seu vehículo ata as Salinas en Vilaboa. Faremos un percorrido guiado polas Salinas, (+- 1h) e despois faranse xogos cos cativos.

Ás 13:30 aproximadamente darase por finalizada a actividade, non sen antes tomar uns petiscos.

A actividade é de balde para todos os socios da ANPA, e ten un custe de 5 euros por cada participante non socio.

Lembrade levar auga para a andaina, roupa de abrigo e calzado cómodo. Como as prazas son limitadas, para facer a vosa reserva deberedes enviar un correo electrónico a  anpadosanmartinho@gmail.com