Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

A Xunta Directiva da ANPA San Martiño Salcedo, na xuntanza celebrada o 10 de marzo de 2016, adoptou o acordo de convocar Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro xoves 31 de marzo ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, que terá lugar no domicilio da asociación, sito no colexio San Martiño de Salcedo (Pontevedra), e de conformidade co seguinte Orde  do Día:

1.- Lectura e aprobación acta xunta anterior.
2.- Aprobación, previa deliberación, da modificación dos Estatutos da Asociación segundo proposta que se enviará por correo electrónico aos socios xunto coa presente convocatoria; e que se atopan publicados no Taboleiro de Anuncios da ANPA do Centro. Tamén se poden consultar aqui no blog: Estatutos e  Proposta (Borrador de Estatutos con modificacións).
3.- Información das xestións iniciadas co Concello de Pontevedra solicitando o acondicionamento da zona exterior ao recinto escolar como aparcamento.
4.- Información da solicitude dunha nova liña de transporte escolar e da ampliación da zona de influencia do colexio á Xerencia Territorial de Educación.
5.- Información de feitos relevantes dende a última Asemblea Xeral; con especial referencia á protección de menores ante delitos de carácter sexual e  subvencións.
6.- Rolda de intervencións.

    Co fin de facilitar a asistencia de todos os interesados, haberá servizo de ludoteca para que poidades traer con vós aos vosos fillos e fillas.
En Salcedo, 15 de marzo de 2016.

Asdo. Daniel Cordero Placer, Presidente.