Festa de Entroido 2016

CartelEntroido-01

E si, xa está aquí o Entroido, e como somos xente de bos costumes, os socios da ANPA San Martiño tamén van ter a súa super-festa, con desfile de máscaras incluído (así que non esquezades traelas, que queremos ver en directo o chulas que son!), despois do cal procederemos a sortear uns lotes de libros entre os nenos que participaron no concurso.

Así que esperámosvos a todos o vindeiro venres 5 de febreiro entre as 16:30 horas e as 19:30 horas no patio no colexio (ou no comedor, se o tempo non axuda).

Para a merenda, aínda temos cousas da festa de Nadal (sodes ben farturentos!), pero algo de froita ou algún doce típico de Entroido tamén serán benvidos.

Os non socios tamén estades invitados: para vós, a entrada será de 3 € por familia.

Cursos da Fanpa: Código creativo, animación e programación

scratchDo 20 de febreiro ao 14 de maio, coincidindo cos festivos de Semana Santa a FANPA organiza un novo obradoiro de iniciación á programación informática, con dous grupos:

a) Para nenos/as de 6 a 12 anos, creando animacións con Scratch b) Para maiores de 9a 12 anos, creando aplicacións con AppInventor

O prazo para inscribirse comeza desde este momento ata o o 12 de febreiro de 2016.

Máis info: