Loteria de Nadal 2015

Xa están a venda as participacións de loteria de Nadal da Anpa. Se queres lotería, podes pedirlla a calqueira membro da directiva da Anpa ou mercala no bar Bardela, fronte ao cole.

Moita sorte a todos!

ANPA 2.0: Obradoiro de Nadal

Ven pasar unha tarde divertida facendo manualidades cos cativos!. Aprenderemos a facer diferentes adornos de Nadal que despois poderedes levar para casa e merendaremos todos xuntos ao rematar.

Soamente necesitaredes traer un calcetín branco e un paquete de arroz por participante, o resto dos materiais xa os traemos nós.

Todos os nenos deben vir acompañados, con un adulto responsable por un máximo de tres nenos.

A actividade é gratuíta para os socios da anpa, pero se queres participar aínda que non sexas socio, tamén podes, por 5€ por familia.

Se queres algunha información a maiores, non dubides en poñerte en contacto con nós. A inscrición é gratuíta, pero quedaríamos moi agradecidos se podes confirmarnos a túa asistencia cubrindo este formulario para que poidamos calcular a cantidade de material que necesitaremos.

Esperamos veros alí!

Nova convocatoria de axudas para material escolar

No DOG do Martes 10 de NOvembro publicouse a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan novas axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Máis información: