7 DE XUÑO DE 2017: ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A Xunta Directiva da ANPA San Martiño Salcedo, na xuntanza celebrada o 15 de maio de 2017, adoptou o acordo de convocar Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro mércores 7 de xuño ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no domicilio da asociación, sito no colexio San Martiño de Salcedo (Pontevedra), e de conformidade co seguinte Orde  do Día:

1.- Lectura e aprobación acta xunta anterior.

2.- Renovación da Xunta Directiva.

3.- Rolda de intervencións.

Nota: Co fin de facilitar a asistencia de todos os interesados, haberá servizo de ludoteca para que poidades traer con vós aos vosos fillos e fillas.

Fin de Curso 2017: Excursión e Festa no cole

Fiesta(1)

18 DE XUÑO DE 2017: EXCURSIÓN ILLA DE ONS.

O vindeiro 18 de xuño realizaremos a saída de fin de curso, que este ano será á Illa de Ons. A excursión inclúe a viaxe ida e volta a Ons coa empresa Piratas de Navia, ruta de sendeirismo pola illa e xogos e animación. O número de prazas é limitado, polo que os interesados deberán enviar un correo electrónico a anpadosanmartinho@gmail.com antes do vindeiro 9 de xuño, indicando número de nenos e adultos, e a súa condición ou non de socio da ANPA. Todos os nenos deberán ir acompañados por adultos. Prezos: nenos e nenas fillos de socios e socias da ANPA, 0 €/persoa; socios e socias, 10,50 €/persoa. Para non socios, o custo será de 15 €/persoa.

A saída será dende o porto de Bueu ás 10:00 horas, para regresar ás 18:30, sendo preciso estar 30 minutos de antelación á hora de saída (ida e volta) para o embarque.

22 DE XUÑO DE 2017: FESTA FIN DE CURSO

E, para rematar, o xoves 22 de xuño, entre 17:30 e 20:30 horas celebraremos no patio do colexio a xa tradicional festa de fin de curso, con animación musical, inchables, xogos dirixidos por monitores… para rematar coa festa da escuma! Coma sempre traede algo de merenda para compartir e moitas ganas de pasalo ben.

A entrada é de balde para os socios, e terá un custe de 5 € por familia para os non socios.