Actividades extraescolares curso 2021/2022

Recordamos que para poder participar nas actividades extraescolares é imprescindible ser SOCIO da ANPA San
Martiño no curso 2021/2022,
xa que de non ser así non estará cuberto polo seguro escolar.

As actividades de Taekwondo e Iniciación deportiva impartiranse no CEIP San Martiño se reunimos un grupo de
alomenos 10 nen@s. En caso contrario, ofertaranse no CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro e nos campos de
fútbol da Xunqueira respectivamente.

Nos últimos anos a ANPA Bolboreta do CEIP Cabanas ven ofrecendo aos socios da nosa ANPA San Martiño, a
oportunidade de participar das súas actividades extraescolares. Tan pronto nos faciliten esta información, será
remitida ás familias.

Envía canto antes a túa ficha de inscrición da actividade/s que solicitas ao email anpadosanmartinho@gmail.com

Faite socio da Anpa do San Martiño!

Benvida ao Curso escolar 2021-2022

Dende a dirección desta Anpa damos a benvida a todas as familias do Ceip San Martiño, especialmente a aquelas que se incorporan novas á nosa comunidade educativa neste curso escolar.

Para poder levar a cabo os obxectivos desta asociación de nais e pais de alumnos do Ceip San Martiño, necesitamos que te unas a nós. Para calqueira consulta ou aportación, podes poñerte en contacto coa ANPA do CEIP San Martiño picando aquí ou enviando un email a: anpadosanmartinho@gmail.com

Para darte de alta como socio, tes que:

  1. Formulario Alta Socio 2021-2022. Descarga AQUÍ o formulario de inscrición e envíao debidamente cumplimentado por correo electrónico á dirección da Anpa anpadosanmartinho@gmail.com 
  2. Pagar a cota anual, por transferencia bancaria á conta da ANPA: ES32 2080 5140 9630 4000 5590. (Indicar no concepto: “Cota ANPA + Nome e apelidos do neno/nenos”).

Importe a ingresar: 

  • 20 € (un só fillo no colexio)
  • 30 € (dous o máis fillos no colexio)

Inscripción servizo Comedor e Madruga 2020/2021

Xa temos dispoñible a folla de inscripción para os servizos de Comedor e Madruga para o curso 2020/2021.
Se desexa efectuar a alta nalgún destes servizos para o curso 2020-2021, ARUME dispón da páxina web http://www.arumeservicios.gal e a Apps.colechef.com onde os usuarios poderán rexistrarse e acceder sempre que o desexen para solicitar cambios, consultar os menús…

Alternativamente, tamén poderá remitir a ficha cuberta íntegramente a ARUME ao email info@arumeservicios.gal ou por fax ao no 986 454 013.

O prazo máximo de rexistro na web ou entrega da ficha por mail para comezar nalgún dos servizos en setembro é o 25 de agosto de 2020

Podes descargar aquí a Ficha de Inscripción⬇️⬇️⬇️

FANPA_FICHA_DEFINITIVA

Procedemento para bolsas de comedor da FANPA para o curso 2019-2020

Procedemento para becas de comedor para o curso 2019/2020:

  • Prazo de presentación de solicitudes: dende o 2 de setembro ata o día 18 de setembro.
  • Lugar de presentación: Oficinas de FANPA Pontevedra ( Rúa Xan Guillermo 11), en horario de 9 a 14:00 horas.
  • Resolución de becados o 25 de setembro. Chamarase ás persoas seleccionadas como becadas para informar da adxudicación das prazas e día de comezo da mesma.
  • Poderanse presentar solicitudes fora deste prazo e quedarán en lista de reserva.

Toda a información no enlace da FANPA http://www.nontedurmas.org/fanpa/programas/comedores-e-madruga-de-pontevedra/procedemento-para-bolsas-de-comedor-da-fanpa-para-o-curso-2019-2020/

ColeChef a nova app para a xestión do comedor con Arume

ColeChef a nova app para a xestión do comedor con Arume!

Para o curso que vén, Arume lanza a aplicación ColeChef co fin de axilizar a comunicación entre as familias usuarias do comedor e a empresa concesionaria. A app será completamente operativa para facilitar as 24 horas toda a información e a xestión diaria e personalizada das vosas fillas e fillos no comedor (menús, facturación, contratación,…)
-Pasos para darse de alta:
A nova APP adáptase a todo tipo de tabletas e de teléfonos móbiles (smartphones), baseados en tecnoloxía
Android e iOS. Só hai que buscar “COLECHEF” en Google Play ou App Store e rexistrarse.
https://arumeservicios.com/educacion/?lang=ga seleccionando “ACCEDE AO NOSO PORTAL DE EDUCACIÓN”
Para o noso CEIP SAN MARTIÑO o CÓDIGO é: ESKRL0LD07
Toda a info en ⤵️⤵️

http://www.nontedurmas.org/fanpa/programas/comedores-e-madruga-de-pontevedra/colechef-a-nova-app-para-a-xestion-do-comedor-con-arume/

Descontos para Socios da ANPA San Martiño

Presentando o teu carné de socio da ANPA San Martiño nestes establecementos, poderás acceder aos seguintes  DESCONTOS:

E como todos estamos xuntos nesto, se conseguides algunha colaboración en descontos para as nosas familias nalgún outro establecemento contactade coa ANPA para actualizar a listaxe de colaboradores!!!!