Festa do Entroido 2019

A todas as familias do cole San Martiño espéranos unha xuntanza, este venres 1 de marzo, para celebrar a tradicional festa do entroido. Disfraces, desfile, xogos, música e moita maxia!!!!! Ah! E como no San Martiño somos de bo dente, podedes aportar un pequeno petisco para compartir na merenda. Así que nenos e nenas, nais e pais, vinde todos disfrazados para pasalo bomba!!!