Concurso de Máscaras de Entroido

mask-1155808_640Participa no concurso de máscaras do cole, e entra no sorteo de fantásticos libros! Estes días recibirás no colexio unha máscara coa que poderás participar. Polo reverso da máscara tes as instrucións a seguir para participar no sorteo, pero deixámolas aquí de novo:

Bases do concurso:

  1. Decora a máscara coa técnica que prefiras, como máis che guste!
  2. Recorta pola liña grosa
  3. Ponlle cola ou cinta de doble cara nas zonas vermellas
  4. Ponlle unha goma ou un lazo e goza da túa máscara
  5. Saca unha foto coa máscara posta e envíaa ao noso email anpadosanmartiño@gmail.com indicando o nome completo do alumno e o curso

Non esquezas este último paso, xa que entre todos os participantes de cada curso sortearemos un lote de libros, todos eles divertidísimos! O prazo para enviar a foto remata o vindeiro xoves 4 de febreiro, e o sorteo será ao día seguinte, na festa.

E lembra traer a túa máscara o día da festa do cole, para participar na primeira edición do Desfile de Máscaras do San Martiño!