Extraescolares

Actividades extraescolares 2019-2020 CEIP San Martiño

IMG_0113

Recordade que:

  1. Para poder participar nas actividades extraescolares é imprescindible ser SOCIO da ANPA San Martiño no curso 2019/2020, xa que de non ser así non estará cuberto polo seguro escolar. Este é o Formulario de ALTA DE SOCIO 2019 2020 que deberá entregar cuberta (en man a calquera membro da directiva da ANPA, enviarse polos alumnos/as de volta aos titores para que nos sexan entregadas ou envialas por email ao correo: anpadosanmartinho@gmail.com).
  2. Para poder participar nas actividades hai que entregar cuberta esta ficha de inscrición (descargar, imprimir e cumplimentar) ata o día 25 de setembro. Esta ficha tamén será entregada aos nenos. A fichas de inscricións poden entregarse en man a calquera membro da directiva da ANPA, enviarse polos alumnos/as de volta aos titores para que nos sexan entregadas ou envialas por email ao correo: anpadosanmartinho@gmail.com.
  3. Se hai máis demanda que prazas dispoñibles, as prazas adxudicaránse a medida que se vaian pagando as cotas correspondentes.
  4. Todas as actividades darán comezo no mes de OUTUBRO 2019.

No documento descargable poderedes tamén consultar as opcións ofrecidas polo ANPA de Cabanas, ás cales os nenos do San Martiño tamén poden apuntarse, seguindo ás súas indicacións.

Presentarase unha ficha de inscrición por cada participante.

PAGO DAS ACTIVIDADES:

  • O pago das actividades farase por ingreso ou transferencia na conta de ABANCA da ANPA CEIP San Martiño: ABANCA ES32 2080 5140 96 3040005590 – Indicar o Nome completo do Alumno e a Actividade a realizar 
  • O pago das actividades farase por adiantado, xa sexan mensuais, trimestrais ou cuatrimestrais, como se indica na táboa.
  • Realizar o primeiro pago das actividades os días 26, 27, 28, 29 ou 30 de setembro. Os seguintes meses/trimestres/cuatrimestres, faranse unha semana antes do comezo do mesmo.

Consulta o noso Regulamento de Actividades

Conta para pagamento das actividades vía transferencia:

ES32 2080 5140 9630 4000 5590

Por favor, poñede no concepto: ACTIVIDADE + NOME E APELIDOS DO NENO +trimestre

Ej: “Teatro Carlos Perez Rodriguez 1erTrimestre”