Bases concurso filloas 2017

BASES CONCURSO DE FILLOAS

1.- O concurso terá lugar o vindeiro venres 24 de febreiro nas instalacións do colexio, coincidindo coa festa de Entroido que terá lugar ese día.

2.- Poderán participar todas as familias asistentes, agás os membros da Xunta Directiva da ANPA.

3.- Os interesados en participar deberán traer filloas suficientes para ser catadas polos membros do xurado… e polos demais asistentes unha vez finalizada a cata.

4.- As categorías do concurso serán dúas: filloas soas, e filloas con recheo ou acompañamento.

5.- O xurado estará composto por tres membros, elixidos de entre os membros da Xunta Directiva da ANPA e asistentes á festa que non se presenten ao concurso.

6.- Haberá un premio sorpresa para o gañador de cada unha das categorías.