Obradoiro de Cabazas do Samaín 2017

 

Para facelo coincidir coa exposición do cole o obradoiro de decoración de cabazas da anpa será o LUNS 30 de Outubro, de 18:30 a 20:30, no comedor do cole.

Unha vez rematada, a cabaza pode quedar alí para a exposición que farán ao dia seguinte no cole.

É necesario que os nenos traian a cabaza, e utensilios para cortar e baleirar (coitelo e culler grande). Os nenos debe vir sempre acompañados por un adulto.

O obradoiro é gratis para socios da Anpa, é ten un custe de 5€ por neno para no socios.

 

Convocatoria de Reunión de Inicio de Curso 2017-2018

A Xunta Directiva da ANPA San Martiño Salcedo, na xuntanza celebrada o 4 de setembro de 2017, adoptou o acordo de convocar Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro xoves 21 de setembro de 2017 ás 19.30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no domicilio da asociación, sito no colexio San Martiño de Salcedo (Pontevedra), e de conformidade co seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación acta xunta anterior.

2.- Aprobación de contas anuais exercicio 2016.

3.- Establecemento das cotas para o curso 2017-18.

4.- Relación de actividades extraescolares a organizar para o curso 2017-18.

5.- Rolda de intervencións.

Notas:

1.- Co fin de facilitar a asistencia de todos os interesados, haberá servizo de ludoteca para que poidades traer con vos aos vosos fillos e fillas.

2.- A documentación para a aprobación de contas atópase a disposición de todos os asociados, as cales haberán de poñerse en contacto co Tesoureiro para examinala con anterioridade á data sinalada para a súa aprobación.

3.- Con carácter previo á Asemblea Xeral, ás 19:00 horas procederase por parte dos responsables da empresa Rockbotic a informar sobre o contido da actividade extraescolar de Robótica que se pretende ofertar este curso.

7 DE XUÑO DE 2017: ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A Xunta Directiva da ANPA San Martiño Salcedo, na xuntanza celebrada o 15 de maio de 2017, adoptou o acordo de convocar Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro mércores 7 de xuño ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, no domicilio da asociación, sito no colexio San Martiño de Salcedo (Pontevedra), e de conformidade co seguinte Orde  do Día:

1.- Lectura e aprobación acta xunta anterior.

2.- Renovación da Xunta Directiva.

3.- Rolda de intervencións.

Nota: Co fin de facilitar a asistencia de todos os interesados, haberá servizo de ludoteca para que poidades traer con vós aos vosos fillos e fillas.

Fin de Curso 2017: Excursión e Festa no cole

Fiesta(1)

18 DE XUÑO DE 2017: EXCURSIÓN ILLA DE ONS.

O vindeiro 18 de xuño realizaremos a saída de fin de curso, que este ano será á Illa de Ons. A excursión inclúe a viaxe ida e volta a Ons coa empresa Piratas de Navia, ruta de sendeirismo pola illa e xogos e animación. O número de prazas é limitado, polo que os interesados deberán enviar un correo electrónico a anpadosanmartinho@gmail.com antes do vindeiro 9 de xuño, indicando número de nenos e adultos, e a súa condición ou non de socio da ANPA. Todos os nenos deberán ir acompañados por adultos. Prezos: nenos e nenas fillos de socios e socias da ANPA, 0 €/persoa; socios e socias, 10,50 €/persoa. Para non socios, o custo será de 15 €/persoa.

A saída será dende o porto de Bueu ás 10:00 horas, para regresar ás 18:30, sendo preciso estar 30 minutos de antelación á hora de saída (ida e volta) para o embarque.

22 DE XUÑO DE 2017: FESTA FIN DE CURSO

E, para rematar, o xoves 22 de xuño, entre 17:30 e 20:30 horas celebraremos no patio do colexio a xa tradicional festa de fin de curso, con animación musical, inchables, xogos dirixidos por monitores… para rematar coa festa da escuma! Coma sempre traede algo de merenda para compartir e moitas ganas de pasalo ben.

A entrada é de balde para os socios, e terá un custe de 5 € por familia para os non socios.

Entroido 2017

O vindeiro venres 24 ven a pasalo ben na festa do Entroido do cole. Haberá baile, xogos e moita diversión para todos. Vai pensando no teu disfraz e na receta coa que vaiades a participar no concurso de filloas do CEIP San … Sigue leyendo

Festa de Nadal 2016

captura-de-pantalla-2016-12-14-a-las-10-53-02O vindeiro mércores 21 a partires das 17:00 celebrarase a festa de Nadal no pavillón de Cabanas. Teremos inchables, animación musical, pintacaras, obradoiros artísticos e moitas sorpresas. Como sempre, traede algo de merenda para compartir e moitas ganas de pasalo ben.

A entrada é gratuíta para socios, pero enviarase por correo electrónico a todos os socios da anpa e teredes que traela impresa. Se non a recibides antes do luns, poñedevos en contacto coa ANPA.

Os non socios poden solicitar a súa entrada a calqueira membro da directiva, con un custo de 10€ por familia.

Candidatos da ANPA ao consello escolar

O vindeiro martes 29 celebraránse as eleccións de membros do consello escolar, e como este ano temos 5 socios da ANPA que se presentan como candidatos, deixámosvos os seus nomes* e un pouco de información para que saibades quen son, se é que non os coñecedes xa.

  • Pablo Ramos Tetilla (pai de alumna de 5º de primaria)
  • Joaquín Fabeiro Beiro (pai de Xaquín (5º primaria) e Iago (2º primaria)
  • Marta Rodriguez Dosouto (nai de Adriana (3º primaria) e Mateo (5º infantil)
  • Ánxela Pascual García (nai de Mateo, 6º infantil)

Na papeleta, o elector deberá facer constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados.

As horas de votación son de 9:30 a 10:30, de 14:00 a 15:00 e de 16:30 a 18:00. É necesaria a presentación de un documento de identificación (DNI ou similar) e teñen dereito a voto os pais e nais ou titores legais.

Dende a ANPA animamos a todos os socios á participación no proceso electoral.

*Estos son só os nomes dos candidatos que autorizaron a publicar os seus datos.