Nova canle de Telegram da Anpa

telegram

Estes días estamos poñendo en marcha unha nova canle destinada a mandar notificacións da ANPA en Telegram.

Telegram, é unha aplicación (app) de balde de mensaxería instantánea (tipo WhatsApp) que nos permite ter unha vía de comunicación que aínda que parecida a un grupo do WhatsApp, ten unha importante diferencia: é un grupo só de lectura, no que poderedes ler todo o que escribamos dende a ANPA, pero sen que os receptores poidan contestar ás mensaxes.

Para poder ver esta información o que tedes que facer é:

1. Descargar Telegram, se aínda non o tedes. Podédelo descargar para iPhone, Android, iPad, WP e tamén  para o ordenador. Podedes ver toda a información de cómo facelo na súa web.

Tamén se pode utilizar directamente dende cualquier navegador de internet (sin necesidade de descargar ninguna aplicación) entrando na dirección web.telegram.org

2. Una vez instalado, tedes que buscar na aplicación de Telegram o alias @anpasanMartinho, na sección de “Chats”. A ligazón da nosa canle é: https://telegram.me/anpasanMartinho

3. Despois, tedes que darlle a “Unirse” e xa poderedes lernos cada vez que se publique algo. Ademais, Telegram deixa ver o historial da conversa, polo que poderedes ver todo que se falou con anterioridade.

Aclarar, para todos os preocupados pola súa privacidade, que os usuarios da canle non terán acceso a ningún dos datos das demais persoas conectadas; esa información só está dispoñible para os administradores do grupo, que está xestionado pola directiva da ANPA.

Esperámosvos no canle de Telegram!

NOTA:

A canle de Telegram é un modo máis de estar en contacto con vós, como poden ser a páxina de Facebook ou o correo electrónico, pero non substituirá ao blog, que é noso medio primario de comunicación cos nosos socios.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s