Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 21 de setembro de 2016

A Xunta Directiva da ANPA San Martiño Salcedo, na xuntanza celebrada o 8 de agosto de 2016, adoptou o acordo de convocar Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro mércores 21 de setembro de 2016 ás 19:30 horas en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, que terá lugar no domicilio da asociación, sito no colexio San Martiño de Salcedo (Pontevedra), e de conformidade co seguinte Orde  do Día:

1.- Lectura e aprobación acta xunta anterior.
2.- Aprobación de contas anuais exercicio 2015.
3.- Establecemento das cotas para o curso 2016-2017.
4.- Relación de actividades extra escolares a organizar para o curso 2016-2017.
5.- Rolda de intervencións.
    Notas:
1.- Co fin de facilitar a asistencia de todos os interesados, haberá servizo de ludoteca para que poidades traer con vós aos vosos fillos e fillas.
2.- A documentación para a aprobación de contas atópase a disposición de todos os asociados, os cales haberán de poñerse en contacto co Tesoureiro para examinala con anterioridade á data sinalada para a súa aprobación.
3.- Con carácter previo á Asemblea Xeral, ás 19:00 procederase por parte dos responsables da empresa Kidcode a informar sobre o contido da actividade extraescolar de Robótica que se pretende ofertar este curso aos alumnos do centro.
En Salcedo, 1 de setembro de 2016.

Asdo. Daniel Cordero Placer, Presidente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s