ANPA 2.0: Obradoiro de Nadal

Ven pasar unha tarde divertida facendo manualidades cos cativos!. Aprenderemos a facer diferentes adornos de Nadal que despois poderedes levar para casa e merendaremos todos xuntos ao rematar.

Soamente necesitaredes traer un calcetín branco e un paquete de arroz por participante, o resto dos materiais xa os traemos nós.

Todos os nenos deben vir acompañados, con un adulto responsable por un máximo de tres nenos.

A actividade é gratuíta para os socios da anpa, pero se queres participar aínda que non sexas socio, tamén podes, por 5€ por familia.

Se queres algunha información a maiores, non dubides en poñerte en contacto con nós. A inscrición é gratuíta, pero quedaríamos moi agradecidos se podes confirmarnos a túa asistencia cubrindo este formulario para que poidamos calcular a cantidade de material que necesitaremos.

Esperamos veros alí!

Deja un comentario